Cookie Consent by PrivacyPolicies.com

Aplicación COPERIA-Lite dispoñible en Google Play

Data: 23 de Decembro de 2022 Aplicación COPERIA-Lite dispoñible en Google Play A pandemia provocada pola infección por SARS-CoV-2 provocou, ademais dos coñecidos síntomas agudos, a aparición de varios síntomas persistentes difusos e heteroxéneos nunha enfermidade chamada COVID persistente. O tratamento destes pacientes é complexo e aínda hai moitas lagoas na súa atención. En concreto, unha das queixas frecuentes dos pacientes con COVID persistente é a alteración da capacidade cognitiva. A prevalencia é de aproximadamente o 20%.

Continuar lendo

Presentación do proxecto COPERIA

Data: 30 de novembro de 2022 Presentación do proxecto COPERIA por parte do Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña no CHUO. O pasado mércores presentouse en Ourense o proxecto COPERIA por parte do Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña. O proxecto COPERIA (acrónimo de Plataforma de apoio a doentes afectados por COVID persistente baseada en Intelixencia Artificial) trata de desenvolver ferramentas para identificar e tratar a COVID persistente, unha enfermidade que afecta a aproximadamente o 10% dos doentes que desenvolven a COVID.

Continuar lendo

Estado do proxecto COPERIA a xullo de 2022

Data: 28 de xullo de 2022 Estado do proxecto COPERIA a xullo de 2022 Programa Conecta COVID IN852D 2021/20 Axudas concedidas ao abeiro da resolución do 3 de decembro de 2021 pola que se conceden axudas do programa Conecta COVID para proxectos de I+D relacionados co COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das PEMES galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do Unión Europea dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852D 2021/20).

Continuar lendo

O proxecto COPERIA axudará na identificación e apoio asistencial a doentes de COVID persistente

Data: 18 de xaneiro de 2022 Dous de cada 10 doentes de COVID-19 desenvolven síntomas persistentes e incapacitantes trala infección aguda. Esta patoloxía denomínase COVID Persistente. Calcúlase que ata 27.000 pacientes padecen esta enfermidade en Galicia e máis de 800.000 en todo o territorio nacional. Como parte da resposta europea á pandemia de COVID-19, a Xunta de Galicia, a través do programa Conecta COVID cofinanciado con fondos FEDER no marco do eixe REACT-UE, decidiu apoiar o desenvolvemento do proxecto COPERIA.

Continuar lendo