O proxecto COPERIA axudará na identificación e apoio asistencial a doentes de COVID persistente
Data: 25 de Abril de 2023 Ata un 20% de doentes de COVID desenvolve diferentes síntomas despois da enfermidade. A Xunta apoia a investigación en rehabilitación de doentes de COVID persistente a través do proxecto COPERIA, no que colaboran 3 pemes e 2 organismos de investigación. O proxecto combina diferentes tecnoloxías disruptivas e innovadoras para identificar os doentes en risco de desenvolver COVID persistente, anticipar gromos incapacitantes e facilitar a rehabilitación física, neurolóxica e psicolóxica dos seus usuarios.