COPERIA
O proxecto COPERIA ten como obxectivo o desenrolo e validación clínica dunha plataforma para o diagnóstico, empoderamento, rehabilitación personalizada e xestión clínica de doentes afectados por COVID persistente.
O proxecto COPERIA ten como obxectivo o desenrolo e validación clínica dunha plataforma para o diagnóstico, empoderamento, rehabilitación personalizada e xestión clínica de doentes afectados por COVID persistente.
Axuda concedida ao amparo da resolución do 3 de decembro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Conecta COVID para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das PEMES galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (código de procedimiento IN852D 2021/20). As axudas concedéronse como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de COVID-19. Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación. Financiado con cargo a fondos FEDER. O proxecto foi apoiado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Importe total da subvención 643.247,78 €
O proxecto COPERIA está orientado ao desenrolo e validación clínica dunha plataforma multidisciplinar e integral baseada en intelixencia artificial para o diagnóstico, empoderamento, rehabilitación holística e personalizada, así como a xestión clínica de doentes afectados por COVID Persistente.
O consorcio do proxecto COPERIA está formado por Bahía Software S.L.U., 10 METS S.L., imaxin|software, a Fundación Biomédica Galicia Sur e, por parte da Universidade de Vigo o Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) e o Laboratorio de Informática Aplicada (LIA2).
PLATAFORMA DE APOIO A DOENTES AFECTADOS POR COVID PERSISTENTE BASEADA EN INTELIXENCIA ARTIFICIAL (COPERIA)
23/12/22
Data: 23 de Decembro de 2022 Aplicación COPERIA-Lite dispoñible en Google Play A pandemia provocada pola infección por SARS-CoV-2 provocou, ademais dos coñecidos síntomas agudos, a aparición de varios síntomas persistentes difusos e heteroxéneos nunha enfermidade chamada COVID persistente. O tratamento destes pacientes é complexo e aínda hai moitas lagoas na súa atención. En concreto, unha das queixas frecuentes dos pacientes con COVID persistente é a alteración da capacidade cognitiva. A prevalencia é de aproximadamente o 20%.
30/11/22
Data: 30 de novembro de 2022 Presentación do proxecto COPERIA por parte do Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña no CHUO. O pasado mércores presentouse en Ourense o proxecto COPERIA por parte do Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña. O proxecto COPERIA (acrónimo de Plataforma de apoio a doentes afectados por COVID persistente baseada en Intelixencia Artificial) trata de desenvolver ferramentas para identificar e tratar a COVID persistente, unha enfermidade que afecta a aproximadamente o 10% dos doentes que desenvolven a COVID.
28/07/22
Data: 28 de xullo de 2022 Estado do proxecto COPERIA a xullo de 2022 Programa Conecta COVID IN852D 2021/20 Axudas concedidas ao abeiro da resolución do 3 de decembro de 2021 pola que se conceden axudas do programa Conecta COVID para proxectos de I+D relacionados co COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das PEMES galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do Unión Europea dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852D 2021/20).