Cookie Consent by PrivacyPolicies.com
18 Meses de duración novembro 2021-abril 2023
3 PEMES
2 Organismos de Investigación
770K Financiamento a través de fondos REACT-UE

Estado do proxecto COPERIA a Abril de 2023

Data: 02 de Abril de 2023 Programa Conecta COVID IN852D 2021/20 Axudas concedidas ao abeiro da resolución do 3 de decembro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Conecta COVID para proxectos de I+D relacionados co COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). da Unión Europea dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852D 2021/20).

Continuar lendo

Sobre o proxecto COPERIA

PLATAFORMA DE APOIO A DOENTES AFECTADOS POR COVID PERSISTENTE BASEADA EN INTELIXENCIA ARTIFICIAL (COPERIA)

Axuda concedida ao amparo da resolución do 3 de decembro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Conecta COVID para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das PEMES galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (código de procedimiento IN852D 2021/20). As axudas concedéronse como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de COVID-19. Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación. Financiado con cargo a fondos FEDER. O proxecto foi apoiado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Importe total da subvención 643.247,78 €

O proxecto COPERIA está orientado ao desenrolo e validación clínica dunha plataforma multidisciplinar e integral baseada en intelixencia artificial para o diagnóstico, empoderamento, rehabilitación holística e personalizada, así como a xestión clínica de doentes afectados por COVID Persistente.

O consorcio do proxecto COPERIA está formado por Bahía Software S.L.U., 10 METS S.L., imaxin|software, a Fundación Biomédica Galicia Sur e, por parte da Universidade de Vigo o Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) e o Laboratorio de Informática Aplicada (LIA2).


PLATAFORMA DE APOIO A DOENTES AFECTADOS POR COVID PERSISTENTE BASEADA EN INTELIXENCIA ARTIFICIAL (COPERIA)

Participantes

Últimas novas sobre o proxecto COPERIA

O proxecto COPERIA axudará na identificación e apoio asistencial a doentes de COVID persistente

25/04/23

Data: 25 de Abril de 2023 Ata un 20% de doentes de COVID desenvolve diferentes síntomas despois da enfermidade. A Xunta apoia a investigación en rehabilitación de doentes de COVID persistente a través do proxecto COPERIA, no que colaboran 3 pemes e 2 organismos de investigación. O proxecto combina diferentes tecnoloxías disruptivas e innovadoras para identificar os doentes en risco de desenvolver COVID persistente, anticipar gromos incapacitantes e facilitar a rehabilitación física, neurolóxica e psicolóxica dos seus usuarios.

Continuar lendo

Estado do proxecto COPERIA a Abril de 2023

02/04/23

Data: 02 de Abril de 2023 Programa Conecta COVID IN852D 2021/20 Axudas concedidas ao abeiro da resolución do 3 de decembro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Conecta COVID para proxectos de I+D relacionados co COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). da Unión Europea dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852D 2021/20).

Continuar lendo

Aplicación COPERIA-Lite dispoñible en Google Play

23/12/22

Data: 23 de Decembro de 2022 Aplicación COPERIA-Lite dispoñible en Google Play A pandemia provocada pola infección por SARS-CoV-2 provocou, ademais dos coñecidos síntomas agudos, a aparición de varios síntomas persistentes difusos e heteroxéneos nunha enfermidade chamada COVID persistente. O tratamento destes pacientes é complexo e aínda hai moitas lagoas na súa atención. En concreto, unha das queixas frecuentes dos pacientes con COVID persistente é a alteración da capacidade cognitiva. A prevalencia é de aproximadamente o 20%.

Continuar lendo